| Música |
 |
| Sátira política |
|
|
| PODER, Ninfeia G.
|
| 28 Abril 2009 |

PODER
Somos trabalhadores Portanto, o poder. O que esperamos? O anoitecer?
Seremos espectadores Portanto, iremos ver Nossos desenganos, Sem recorrer?
Queremos ter louvores Portanto, combater O que é desumano.
Seremos vencedores! Portanto, ao entardecer Mais forte nos tornamos
................... Ninfeia G. é de Belém, no estado brasilerio de Pará. Ela traballa como asistente social. |
 |
|
|
|
| CARTA A STALINGRADO, Carlos Drummond de Andrade
|
| 22 Junho 2008 |

Depois de Madri e de Londres, ainda há grandes cidades! O mundo não acabou, pois que entre as ruínas outros homens surgem, a face negra de pó e de pólvora, e o hálito selvagem da liberdade dilata os seus peitos, Stalingrado, seus peitos que estalam e caem, enquanto outros, vingadores, se elevam.
A poesia fugiu dos livros, agora está nos jornais. Os telegramas de Moscou repetem Homero. Mas Homero é velho. Os telegramas cantam um mundo novo que nós, na escuridão, ignorávamos. Fomos encontrá-lo em ti, cidade destruída, na paz de tuas ruas mortas mas não conformadas, no teu arquejo de vida mais forte que o estouro das bombas, na tua fria vontade de resistir.
Saber que resistes. Que enquanto dormimos, comemos e trabalhamos, resistes. Que quando abrimos o jornal pela manhã teu nome (em ouro oculto) estará firme no alto da página. Terá custado milhares de homens, tanques e aviões, mas valeu a pena. Saber que vigias, Stalingrado, sobre nossas cabeças, nossas prevenções e nossos confusos pensamentos distantes dá um enorme alento à alma desesperada e ao coração que duvida.
Stalingrado, miserável monte de escombros, entretanto resplandecente! As belas cidades do mundo contemplam-te em pasmo e silêncio. Débeis em face do teu pavoroso poder, mesquinhas no seu esplendor de mármores salvos e rios não profanados, as pobres e prudentes cidades, outrora gloriosas, entregues sem luta, aprendem contigo o gesto de fogo. Também elas podem esperar.
Stalingrado, quantas esperanças! Que flores, que cristais e músicas o teu nome nos derrama! Que felicidade brota de tuas casas! De umas apenas resta a escada cheia de corpos; de outras o cano de gás, a torneira, uma bacia de criança. Não há mais livros para ler nem teatros funcionando nem trabalho nas fábricas, todos morreram, estropiaram-se, os últimos defendem pedaços negros de parede, mas a vida em ti é prodigiosa e pulula como insetos ao sol, ó minha louca Stalingrado!
A tamanha distância procuro, indago, cheiro destroços sangrentos, apalpo as formas desmanteladas de teu corpo, caminho solitariamente em tuas ruas onde há mãos soltas e relógios partidos, sinto-te como uma criatura humana, e que és tu, Stalingrado, senão isto? Uma criatura que não quer morrer e combate, contra o céu, a água, o metal, a criatura combate, contra milhões de braços e engenhos mecânicos a criatura combate, contra o frio, a fome, a noite, contra a morte a criatura combate, e vence.
As cidades podem vencer, Stalingrado! Penso na vitória das cidades, que por enquanto é apenas uma fumaça subindo do Volga. Penso no colar de cidades, que se amarão e se defenderão contra tudo. Em teu chão calcinado onde apodrecem cadáveres, a grande Cidade de amanhã erguerá a sua Ordem. |
 |
|
|
|
| CARA A LIBERTADE, X.L. Rivas Cruz
|
| 12 Maio 2007 |

Reclamamos, por galegos ós nacidos na lameira, ós que na dorna lixeira, arrincan peixe do mar. Os que no andamio e no xunque teñen ó progreso escravo, ós que tronzan co arado, a terra pra facer pan. Sonos nós, xente que leva, un facho na noite escura, xente que vai á procura da súa hestoria virar.
Séculos de fame xorda na noite pecha perdidos, afogando a pena en viño sin lume pra nos quentar! O lusco co sacho ó lombo, pra xantar pan e touciño, co corpo morto, doido, sempre do carro a tirar. Aldraxados, iñorantes, pobo sin lei, divididos do sangue roxo, vencido, os caciques a zugar!
Do fondo da nosa noite, da moura noite dos tempos, zoan, oxe, novos ventos, os ventos da libertá! Homes de tempos perdidos, ti, labrego, ti, obreiro, ti gandeiro, mariñeiro, poñéivos a camiñar! Somos nós, e soio nós, os donos do noso siño, abrindo un novo camiño na busca da libertá! |
 |
|
|
|
| AS LEIS SON PARA QUE AS CUMPRAN..., Roque Dalton
|
| 11 Fevereiro 2007 |

As leis son para que as cumpran os pobres. As leis son feitas polos ricos para poñer unha pouca de orde á explotación. Os pobres son os únicos cumpridores de leis da história. Cando os pobres fagan as leis xa non haberá ricos.
|
 |
|
|
|
| MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR, Celso Emílio Ferreiro
|
| 30 Novembro 2006 |

Agora tomo o sol. Pero até agora traballei cincoenta anos sin sosego. Comín o pan suando día a día nun labourar arreo. Gastei o tempo co xornal dos sábados, pasou a primavera, veu o inverno. Dinlle ao patrón a frrol do meu esforzo i a miña mocedade. Nada teño. O patrón está rico á miña conta, eu, á súa, estou vello. Ben pensado o patrón todo mo debe. Eu non lle debo nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentres o tomo espero. |
 |
|
|
|
| UNHA PERGUNTA AO XENERAL PINOCHET, Eduardo Mazo
|
| 12 Novembro 2006 |
Contou-me a sua parteira xeneral, que vosté veu ao mundo, deformado; que o seu intestino groso termina na gorxa e a sua língua é un pozo de gases e miasmas; entón, xeneral, por onde fala? Por onde fala?
|
 |
|
|
|
| DÉSPOTAS INSENSATOS, Eduardo Pondal
|
| 31 Outubro 2006 |
 Déspotas insensatos, forxá, forxade grillos; pode oprimir o ferro, un corpo enfraquecido; mais as nobres idéas é groriosos instintos Eses ... non pode, non, o duro ferro, nin a morte, extinguilos! |
 |
|
|
|
| POEMA A HO CHI MINH, Nicolás Guillén
|
| 06 Outubro 2006 |
 Ao final da longa viaxe Ho Chi Minh suave e desperto: Sobre a altura do traxe Arde-lle o corazón aberto.
Non trai escolta nen paxe. Pasou montaña e deserto: Na brancura do traxe Só o corazón aberto.
Non quixo máis para a viaxe.
Nicolás Guillén
|
 |
|
|
|
| TESTAMENTO, Marica Campo
|
| 30 Setembro 2006 |

Cando digan que fun e non estea,
cando a terra por min o ventre abra,
quen quixere pregar alce a palabra
que tiven eu na boca, e non a allea.
Non me fagan penar nesta estadea
que no medio da noite o medo labra,
non me neguen, por Deus, o abracadabra
pra saír da cova a onde clarea.
Deixoo dito aquí coa sinatura,
humildemente o digo, máis reclamo
que non me cuspan sobre a sepultura:
Prefiro do silencio o simple ramo
sobre a pedra calada, fría e dura
se non rezan por min na lingua que amo.
1999. Biénio Irmandiño. |
 |
|
|
|
| NON NOS IREMOS, Tawfiq Zayyad
|
| 21 Setembro 2006 |

Aquí enriba dos vosos peitos persistimos como unha muralla nas vosas gadoupas como cascos de vidro imperturbáveis e nos vosos ollos como unha tempestade de lume.
Aquí enriba dos vosos peitos persistimos como unha muralla famentos nus desafiantes cantando versos. Enchendo as iradas ruas de manifestacións, e de orgullo, os cárceres.
Bebede-vos o mar, que aquí permaneceremos.
Somos os gardas da sombra das laranxeiras e das oliveiras sementamos as ideas como a levedura na pasta os nosos nervos son de xelo mais os nosos corazóns botan lume. Cando teñamos sede espremeremos as pedras, comereriamos terra se tivesemos fame. MAIS NON NOS IREMOS e non seremos avarentos do noso sangue.
Aquí temos un pasado un presente.
Aquí está o noso futuro.
 |
 |
|
|
|
| LOITADOR, Roberto Blanco Torres
|
| 17 Setembro 2006 |

¡Loitador, non te deteñas! Ten cada hora novo alento, sigue a luz que te ilumiña, mira a cotío pró ceo. A un lado e outro do camiño toparás pinchos e rebos, e da estulticia e a envexa ladraranche os cans famentos. ¡Loitador, non te deteñas! ¡Levas a verdá no peito, e a estrela que te guía ten resplandores eternos! |
 |
|
|
|
| SON UN HOME, Antonio Guerrero
|
| 10 Setembro 2006 |

Son un espia din son un home sinxelo adicado á sua vida a servir e a criar.
Son un espia din son un home modesto que non ostenta viver mellor que os demáis.
Son un espia din son un home discreto que non ten segredos que non ten maldade.
Son un espia din son un home amigável que non ten inimigos si amigos de verdade.
Son un espia din son un home bon pai que inculca aos seus fillos o amor á bondade.
Son un espia din son un home bon fillo que coida con desvelo o fogar maternal.
Son un espia din son un home emotivo romántico, leal poeta ocasional.
Son un espia din son un home sen medo seguro de si mesmo tranquilo no seu andar.
Son un espia din son un home sen guerras guerreiro de apelido mais cheo de paz.
Son un espia din son un prisioneiro inocente prisioneiro valente ao que queren xulgar.

|
 |
|
|
|
| OLLO POR OLLO, Antón Avilés de Taramancos
|
| 04 Setembro 2006 |

Ollo por ollo, pobo meu, é hora de vingar as afrentas que nos deron e as que nos fan os sátrapas de agora: os que nos perden e os que nos perderon. Tantas feridas de aguzada espora que nas nosas costelas floreceron é tempo de saldar; se non o fora démoslle ao tempo o fel que nos verqueron. Dente por dente, pobo meu, non poñas a outra meixela á man que che fustiga, que se oferece pan dános ponzoñas. Que está tanto a medrar caste inimiga, piollos do teu ser, pestes, carroñas, que en vez de perdoar, ¡morde, castiga!
|
 |
|
|
|
| IANQUIS FILLOS DE PUTA. Humberto Constantini
|
| 02 Setembro 2006 |
 De feito só queria dicer iso. De feito, a vida é, poñamos por exemplo, unha mazá. Entón, un mira-a, toca-a, fai-lle festas, bica-a, fala-lle, quizais até debuxe mazás imitando-a. Quere-a así, maza, rica, gorentosa, viva, indescifrável, sábia. Se a quer esmagar, se ven un becho; por exemplo, un ianqui fillo de puta, para ser máis precisos a matá-la, xa non se pode falar así da mazá. Hai que matar ao becho, é necesário odiá-lo,, destruí-lo.
É case obrigatório dicer-lle fillo de puta, dicer-lle ianqui fillo de puta todos os dias, relixiosamente e atopar o xeito de acabar con el. Por amor á vida, simplesmente.
De feito quizais non me explicara ben. Se un ten, poñamos por exemplo, un amor, unha cousa que lle anda pola pel por todas partes.
Digamos Buenos Aires. Digamos un outubro, un poema, unha moza. Ou digamos a esquina de Nazca e Tequendama os domingos, ás seis da tarde. (Estou case certo que habia unha esquina así en Santo Domingo que habia un vello, unha cadeira, un ceo inverosímil, mozos que viñan do fútbol, señoras apuradas, bucinas, que sei eu e quizais até un tipo solitário coma min que miraba) Se un ten un amor entón, iso que lle camiña pola pel, diciamos, e pasa algo, acontece que ven o mal, a peste, unha desgrácia, ou para non ir máis lonxe veñen os marines idiotas, os cretinos mascadores de chicles, odiadores de todo o que medra e desembarcan. Entón xa non se pode falar así sen máis, hai que matar a morte dalgún xeito, hai que pelexar con raiva, destruí-los, sair-lles ao encontro como sexa e ademais dicer, dicer fillos de puta, dicer marine ianqui fillo de puta, dicé-lo e masticá-lo e aprender-llo aos rapaces como un rezo. Por amor á vida, simplesmente, coido.
 |
 |
|
|
|
| PRANTO POLO CHÉ. ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA. Uxio Novoneyra
|
| 31 Agosto 2006 |

As aves da tua morte foron os muricegos que non vira en todo o ano. Por iles soupen que é certo. É certo! é certo! é certo! é certo! é certo! Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros paxariños mortos de tódalas anduriñas que cairon ó irse. Como os homiños morren os éroes non se funden Os Andes nin nada. A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto baixiño. E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.
10 noite 10/10/67
|
 |
|
|
|
| MEDITACIÓNS AO COMPÁS DA LEITURA DUNHA NOVA XORNALÍSTICA, Heike Doutine
|
| 28 Agosto 2006 |

Leo: Americanos expertos na luita na xungla da infantaria de mariña, apoiados por bombardeiros e carros de combate, rexeitaron ao inimigo xunto a Khe Shan. Morreron 51 vietkongs.
Consulto o dicionário. Busco a palavra VIETKONG
Encontro: comunista vietnamita. Palavra composta por: Viet, a persoa, e Kong, a idea.
Comprobo: Americanos expertos na loita na xungla, apoiados por bombardeiros e carros de combate, mataron a 51 persoas, para matar unha idea.
Pergunto: Cando comprenderá o Pentágono que soldados e tanques, napalm, gas tóxico e bomas só poden matar a persoa, só ao Viet, nunca ao Kong, a idea?
 |
 |
|
|
|
| POEMA Á PATRIA. Manuel Maria
|
| 26 Agosto 2006 |
 A Patria érquese no territorio da nosa intimidade, na nación do noso sentimento coletivo aséntase na lembranza das nosas vitorias, espranzas, erros, ledicias e derrotas mantense co esforzo popular, loita, traballo, entrega fiel e xenerosa. A Patria faise día-a-día/intre-a-intre, esforzo a es-for-zo luíndo esta nosa fala que temos pra entendernos/com-prender-nos, na que se ditarán as leises e se contará a nosa propia única-Historia-verdadeira, o idioma común que usamos e gastamos pra escribir cartas, panfletos, programas e cancións. A nosta TERRA aínda non é nosa. A nosa xente anda espallada polo mundo e nós estamos vivindo sulagados nun caos/anacrónico/suicida. Mais somos donos dun ideal, temos bandeira, contamos cun pobo que non renunciou ó dereito de vivir i está disposto a tirar tódolos xugos, rachar as infindas cadeas que o teñen amarrado ó subdesenrolo, ó asoballamento i a i-n-x-u-s-t-i-c-i-a. Compre comenzar polo principio, dinamitar o vello/vergoñoso edificio colonial/imperialista e construír, desde os cementos, unha patria nosa/nova/ceibe: A GALICIA POPULAR/SOCIALISTA QUE NÓS SOÑAMOS E QUEREMOS |
 |
|
|
|
|
 |
| Últimos Poemas |
- PODER, Ninfeia G.
- CARTA A STALINGRADO, Carlos Drummond de Andrade
- CARA A LIBERTADE, X.L. Rivas Cruz
- AS LEIS SON PARA QUE AS CUMPRAN..., Roque Dalton
- MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR, Celso Emílio Ferrei...
- UNHA PERGUNTA AO XENERAL PINOCHET, Eduardo Mazo
- DÉSPOTAS INSENSATOS, Eduardo Pondal
- POEMA A HO CHI MINH, Nicolás Guillén
- TESTAMENTO, Marica Campo
- NON NOS IREMOS, Tawfiq Zayyad
|
| Arquivo |
|
|
Pesquisas |
|
|
|